miércoles, 18 de diciembre de 2019

"Tecnólogo por un día" en Everis


Varios estudantes participaron o pasado decembro no programa "Tecnólogo por un día" do plan #DigiTalent promovido pola Xunta de Galicia. 

Everis abriu as portas para ilusionar a un grupo de xente nova que demostrou en todo momento o seu interese. 

O alumno Miguel Dopico Tomé de 1º da ESO foi o afortunado do noso centro que viviu a experiencia un marabilloso día 10 de decembro. Tocoulle traballar nun grupo de 10 persoas dedicado a  facer  melloras para as aplicacións. Cada persoa dese grupo tiña unha tarefa. Había un rapaz encargado de facer o programa informático da aplicación. 

Catro rapazas eran as encargadas de facer que a aplicación non tivera problemas coa axuda dun robot que mandaba avisos dos problemas que ían aparecendo. 

Por outra banda, outros catro rapaces encargáronse de mirar o sistema operativo. Revisaron todo grazas ó robot e resolveron os problemas surxidos creando así unha aplicación excelente.

Por último había outra persoa no grupo chamada Amaya que se encargou de facer unha presentación ben explicada de toda a aplicación para que despois os profesores souberan explicarlla aos seus alumnos e poder utilizala correctamente. 

A empresa Everis é moi importante no sector. Ten a 2.500 traballadores en España e traballa con empresas moi coñecidas como Estrella Galicia ou Inditex.



Miguel Dopico Tomé. 1º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario