lunes, 7 de septiembre de 2020

ENTREVISTA SOBRE O CANCIONEIRO DE MONFERO

      Nerea Fernández Rodríguez, alumna de 3º da ESO do CPIP Virxe da Cela (Monfero, A Coruña) entrevista a Verónica Dopico, profesora de música no centro e coordinadora do “Cancioneiro de Monfero”, proxecto de recuperación da tradición oral da zona. Maio 2020.




martes, 30 de junio de 2020

CLARA E LUCÍA PRESENTAN A SÚA ESTADÍA EN FINLANDIA

Non queriamos rematar este curso sen publicar este traballo que fixeron as alumnas Clara Brage e Lucía López (4º ESO) sobre a súa experiencia en Finlandia (Erasmus+ STEM)


miércoles, 17 de junio de 2020

A VOZ DO XESTAL

Acabadiño de saír do forno, presentámosvos... o novo xornal do CPIP Virxe da Cela, "A Voz do Xestal". A pesares da situación actual (suspensión de clases COVID-19), grazas especialmente ao empeño de Laura Ferro (coordinadora do proxecto), e por suposto co traballo previo realizado por docentes e alumnos/as, este xornal en lingua galega saíu adiante para deixar constancia dalgunhas das actividades que se levaron a cabo no presente curso no noso centro educativo.
 

domingo, 29 de marzo de 2020

ANTÍA LÓPEZ ENTREVISTA A ANA GONZÁLEZ

Queremos compartir convosco esta interesante entrevista que a alumna Antía López Teodosio (2º ESO) realizoulle a Ana Belén González Jove, unha das fundadoras do Festival Grelo Folc.

   Despois de falar con Ana, unha das organizadoras deste evento, podo compartir convosco moitos datos sobre o Grelo Folc.  Este festival lévase celebrando dende o ano 1999,  aínda que houbo uns anos que non se celebrou (si non me equivoco desde o 2004 ata o 2009).  Nos seus inicios o festival celebrábase en Xestoso, no río Dez,  pero no 2000 cambiaron a ubicación para o Mosteiro de Monfero. O festival dura todo o día: ao mediodía odo o mundo come coas súas familias e hai sesión vermú onde toca un grupo de música, pola tarde faise o festival da Naviciña, dedicado aos nenos pequenos, donde hai un circo, unha obra de teatro… E pola noite xa comezan a tocar os diferentes grupos que normalmente son catro e tocan todo tipo de música aínda que toda en galego. Este festival leva organizandoo dende que comezou a asociación o Abordelo, que é unha asociación dunhas 15 persoas máis ou menos. Antes de que a xente que formaba a asociación se marchara a vivir a outro lugar ou tivera fillos facían ao longo do ano moitas cousas como clases de inglés… Pero agora xa solo fan o festival. Os cartos para organizar o festival vanos conseguindo vendendo camisetas, no bochinche… Polo que me dixo Ana é un festival moi divertido, así que animádemos todos a ir!! Antía López Teodosio 2º ESO
     

miércoles, 25 de marzo de 2020

AMIGOS DO MOSTEIRO POR HUGO LUCÍA ROMERO





RAÍCES E FILLOAS


     Esta mañá tiven a oportunidade de falar con Emilia, ou como se lle coñece pola aldea, Miluca da Moreira, unha Muller de cincuenta e un anos que foi a principal recuperadora de máis de mil de tradición, efectivamente, estamos a falar do entroido de Sanmede, terra que criou a Miluca, e ela devolveulle o favor. 
      Emilia contoume como foi pola aldea preguntando ós maiores sobre as diferentes tradicións desta festa, e estes respondían emocionados pola recuperación dunha tradición que os acompañara na súa mozidade. Conta, que debido a este entusiasmo dos veciños, a recuperación foi doada. 
    Unha idea que apasiona a Miluca e que todo esto do entroido non morre na aldea senon que se extendeu a cidades cercanas, á televisión, e incluso a outros países, quero dicir, hai estudiantes de Betanzos (unha cidade próxima a Sanmede) que están a realizar investigación a sobre esta festa para os seus taballos de clase. Tamén programas de televisión coma Luar se veron interesados e hai pouco os da Asociación Sociocultural de Sanmede foron cas súas tradicións a Bulgaria. 
   A parte de facerlle este favor á terra onde naceu tamén toca a pandeireta e promove, dende a Asociación Sociocultural de Sanmede as actividades de música tradicional que se levan na zoa (ás que eu asisto) e son gratuitas. 
   Agora so podemos darlle as grazas a Miluca por revivir de entre os mortos este festival e este espíritu carismático e optimista dos habitantes da aldea de Sanmede. Miluca da Moreira, unha heroína do pobo. Daniel Pena Bonome (3º ESO). 

jueves, 19 de marzo de 2020

CONGRESO EDUCA 2020

    Os días 27, 28, e 29 de febreiro de 2020 celebrouse no Palacio de Congresos y Exposicións de Santiago de Compostela, o 3º Congreso Mundial de Educación EDUCA 2020. Varias mestras do noso centro acudimos a Congreso e tivemos a oportunidade de escoitar a educadores tan coñecidos e relevantes coma Thomas Amstrong, Francesco Tonucci ou Francisco Mora e coñecer a outros que nos sorprenderon gratamente como Marisa Moya,ou Manu Velasco. 
       Tratáronse temas moi en boga e de actualidade como as intelixencias múltiples, a neuroeducación e a neurociencia ou a disciplina positiva entre outros. Foron tres días cheos de coñecementos, onde tamén houbo lugar para aqueles docentes que están investigando e presentando as súas teses, xa que puideron realizar pequenas conferencias especializadas durante toda a tarde do venres. En todo intre houbo varios stands, onde se podía mercar libros especializados, botellas e camisetas personalizadas e onde se amosaba os diversos recursos e materiais específicos a utilizar co alumnado para proporcionar unha atención especializada. Foi toda unha experiencia!!!




miércoles, 4 de marzo de 2020

De 6º a 1º da ESO: Que supuxo o cambio para nós?

"Cando comecei tiña moito medo pola nova etapa que supón a ESO. Tiña moito medo a non dar o nivel que hai que ter e sacar malas notas. 
Os primeiros días costoume adaptarme aos profesores, porque cada un pide unha cousa e cada un pon un exame. Despois funme adaptando pouco a pouco e fun collendo o ritmo. Na primeira avaliación baixei un pouco as notas pero agora na segunda vounas subir. 
O que máis me gusta é ter un profesor para cada cousa e explican todo mellor. 
O que menos é que son moitas horas de clase e poucas de recreos e incluso hai dous días nos que só temos un recreo en vez de dous."
Manuel Freire Platas

"O cambio foi moi grande porque en primaria tesun profesor para tres ou catro materias e na ESO tes un profesor para cada materia. Cada profesor fai os exames dunha maneira e cada un explica á súa maneira. Temos deberes todos os días e cando poñen exames xa te pos a estudiar. Gústame máis o horario de primaria porque ten máis recreos e na ESO temos tres días dous recreos e os outros dous días temos un recreo de 20 minutos."
Uxía Boado Porto

"Ao principio estaba moi asustado. Tiña moito medo de que fose moi difícil e de que non me dera adaptado. Co tempo a miña familia foime axudando a superalo e arranquei ven na ESO. Notei moito o cambio porque pasei de ter un profesor para cinco materias a ter un profesor para cada unha delas. A ESO é un pouco máis difícil que a primaria, pero co tempo vaise adaptando un. Tamén nótase no tempo de lecer porque antes tiñamos moito máis recreo que agora, temos pouco tempo para xogar pero co tempo nos imos acostumando. Antes sacaba máis notables e agora baixáronme algo as notas. Temos moitos máis exmaes que antes e non son coma en primaria de tema en tema, agora temos algún de dous temas xuntos e son moito máis difíciles. Na ESO os profesores son un pouco máis esixentes que os de primaria, e na ESO por só unha cousa xa tes unha falta leve". 

Miguel Dopico Tomé

"Para min empezar na ESO era algo que vía moi difícil, pensaba que as miñas notas baixarían moito, que ao ter máis profesores mandaríanme máis deberes; pero ao contrario, non é tan difícil. Os exames si que son difíciles pero non tanto como din. Os que van en cursos superiores moitas veces dinlles aos de primaria que a ESO é imposible, que van suspender e moitas cousas máis para meterlles medo. O que non me gustou é que o recreo é moito máis curto, e hai dous días que temos so un. Polo demais penso que a ESO non é tan mala como din".

Alicia Lucía 

"A min parecíame moi difícil ao principio pero despois dinme conta de que non era para tanto. Meu irmán dixérame que era moi difícil porque el en 2º da ESO deixou catro asignaturas, aínda así recuperounas despois. Eu pensaba que non ía aprobar todo e ao final aprobei todo e rinme do meu irmán. Diríalle aos de sexto de primaria que non teñan medo porque despois lévase ben e os profesores son todos bos e agradables."
Pablo Rodríguez Fernández

"A principio de curso cando cheguei ao colexio tiña un pouco de medo e nervios polos profesores que ía ter e a clase. Pero cando vin que os meus compañeiros estaban contentos eu tamén dicidín sentirme contenta con esta etapa que ía a vir na miña vida. Agora hai máis profesores, máis materias e é un pouco máis "rollo" porque cada profesor explica diferente e fai os exames diferentes.
Agora que levo catro meses aquí síntome mellor peeeero... As notas non seguen sen ser igual de boas. Agora non saco Notables e Sobresaíntes e tamén hai dous recreos demasiado curtos."
Andrea

"Eu ao principio tiña un pouco de medo para empezar a ESO porque pensaba que os profesores poñían moitos exames e deberes. Tamén cría que as asignaturas ían ser máis difíciles. 
O que me gusta da ESO son as excursións porque son moito máis divertidas. Os torneos de fútbol e as clases son tamén moito máis divertidos. O que non me gusta é que os martes e os xoves non haxa recreo pola tarde, que haxa un profesor para cada asignatura, que haxa tantos exames e que che poñan un negativo por calquera cousa. Tampouco me gustan as asignaturas de música e de inglés. Estes cinco meses pasáronseme moi rápido."
Íker 

"Cando acabei sexto pensei en primeiro da ESO e segundo as cousas que escoitaba como: "Temos cinco exames esta semana, vou suspender" non me gustaban moito e queiras que non acábache metendo medo. Pero agora, que xa estou nela, paréceme que levando unha rutina de estudo pódese conseguir todo xa que os exames son difíciles se non estudas. Os recreos son moi curtos e iso non mola. Pero mola porque aprendes moito."
Brais Varela Amado

O meu paso de sexto a  primeiro  da ESO foi dificil por que  non me organizaba ben e cada profesor ten a sua maneira de avaliar , os exames son máis difíciles e temos que preparalos tempo antes para poder ter todo ben claro, e ese e o meu problema porque cando se xuntan varios exames líome co tempo e non podo preparalo todo. Algunhas clases son máis divertidas que en primaria  pero tanpouco está ben que por calquera cousa que pase che poñan un negativo ou un parte.

Aaron Primoy García


 

martes, 3 de marzo de 2020

Saída ó teatro en francés

O pasado luns 20 de xaneiro os alumnos e alumnas de Francés fumos ver unha obra de teatro en francés no Forum Metropolitano da Coruña chamada “Le dîner de cons” na que o pasamos moi ben aínda que non puidemos entender todo.

Aquí tedes o trailer da película do mesmo nome. É moi famosa en Francia!




Antía López Teodosio (2º ESO)

A Chandeleur

O día 2 de febreiro foi a Chandeleur e para celebralo as alumnas de 4º da ESO e a nosa profesora de Francés e Lingua Galega Laura fixeron unhas crêpes riquísimas, no interior das crêpes podías engadir nutella ou plátano. Tamén fixemos un cartel e a nosa profesora Verónica fixo uns debuxos para acompañar ao cartel. 



Damián García Ramos (2º ESO)

viernes, 14 de febrero de 2020

PERIODISMO EN LA ESCUELA

A Voz de Galicia do 14 de febreiro de 2020 informa de que "La Voz convierte a alumnos de secundaria en reporteros con Periodismo en la Escuela". Colgamos esta páxina do xornal na que se menciona o noso colexio, o CPIP Virxe da Cela, que tamén participará este programa piloto de xornalismo. Os rapaces e rapazas de 2º e 3º da ESO farán unha reportaxe sobre o Festival Grelo Folk. 

VIAXE A ANDORRA

O alumnado de E.S.O. do CPI Plurilingüe Virxe da Cela fixo unha viaxe ata Andorra para disfrutar duns días esquiando. Tras moito esforzo físico...tamén lle dedicaron unha tarde a relaxarse no "Balneario de Caldea". Unha aventura inesquecible! Aquí tedes unha pequeña parte de todo o que disfrutamos. Ruth Varela (mestra de EF primaria, acompañante do grupo).