miércoles, 4 de marzo de 2020

De 6º a 1º da ESO: Que supuxo o cambio para nós?

"Cando comecei tiña moito medo pola nova etapa que supón a ESO. Tiña moito medo a non dar o nivel que hai que ter e sacar malas notas. 
Os primeiros días costoume adaptarme aos profesores, porque cada un pide unha cousa e cada un pon un exame. Despois funme adaptando pouco a pouco e fun collendo o ritmo. Na primeira avaliación baixei un pouco as notas pero agora na segunda vounas subir. 
O que máis me gusta é ter un profesor para cada cousa e explican todo mellor. 
O que menos é que son moitas horas de clase e poucas de recreos e incluso hai dous días nos que só temos un recreo en vez de dous."
Manuel Freire Platas

"O cambio foi moi grande porque en primaria tesun profesor para tres ou catro materias e na ESO tes un profesor para cada materia. Cada profesor fai os exames dunha maneira e cada un explica á súa maneira. Temos deberes todos os días e cando poñen exames xa te pos a estudiar. Gústame máis o horario de primaria porque ten máis recreos e na ESO temos tres días dous recreos e os outros dous días temos un recreo de 20 minutos."
Uxía Boado Porto

"Ao principio estaba moi asustado. Tiña moito medo de que fose moi difícil e de que non me dera adaptado. Co tempo a miña familia foime axudando a superalo e arranquei ven na ESO. Notei moito o cambio porque pasei de ter un profesor para cinco materias a ter un profesor para cada unha delas. A ESO é un pouco máis difícil que a primaria, pero co tempo vaise adaptando un. Tamén nótase no tempo de lecer porque antes tiñamos moito máis recreo que agora, temos pouco tempo para xogar pero co tempo nos imos acostumando. Antes sacaba máis notables e agora baixáronme algo as notas. Temos moitos máis exmaes que antes e non son coma en primaria de tema en tema, agora temos algún de dous temas xuntos e son moito máis difíciles. Na ESO os profesores son un pouco máis esixentes que os de primaria, e na ESO por só unha cousa xa tes unha falta leve". 

Miguel Dopico Tomé

"Para min empezar na ESO era algo que vía moi difícil, pensaba que as miñas notas baixarían moito, que ao ter máis profesores mandaríanme máis deberes; pero ao contrario, non é tan difícil. Os exames si que son difíciles pero non tanto como din. Os que van en cursos superiores moitas veces dinlles aos de primaria que a ESO é imposible, que van suspender e moitas cousas máis para meterlles medo. O que non me gustou é que o recreo é moito máis curto, e hai dous días que temos so un. Polo demais penso que a ESO non é tan mala como din".

Alicia Lucía 

"A min parecíame moi difícil ao principio pero despois dinme conta de que non era para tanto. Meu irmán dixérame que era moi difícil porque el en 2º da ESO deixou catro asignaturas, aínda así recuperounas despois. Eu pensaba que non ía aprobar todo e ao final aprobei todo e rinme do meu irmán. Diríalle aos de sexto de primaria que non teñan medo porque despois lévase ben e os profesores son todos bos e agradables."
Pablo Rodríguez Fernández

"A principio de curso cando cheguei ao colexio tiña un pouco de medo e nervios polos profesores que ía ter e a clase. Pero cando vin que os meus compañeiros estaban contentos eu tamén dicidín sentirme contenta con esta etapa que ía a vir na miña vida. Agora hai máis profesores, máis materias e é un pouco máis "rollo" porque cada profesor explica diferente e fai os exames diferentes.
Agora que levo catro meses aquí síntome mellor peeeero... As notas non seguen sen ser igual de boas. Agora non saco Notables e Sobresaíntes e tamén hai dous recreos demasiado curtos."
Andrea

"Eu ao principio tiña un pouco de medo para empezar a ESO porque pensaba que os profesores poñían moitos exames e deberes. Tamén cría que as asignaturas ían ser máis difíciles. 
O que me gusta da ESO son as excursións porque son moito máis divertidas. Os torneos de fútbol e as clases son tamén moito máis divertidos. O que non me gusta é que os martes e os xoves non haxa recreo pola tarde, que haxa un profesor para cada asignatura, que haxa tantos exames e que che poñan un negativo por calquera cousa. Tampouco me gustan as asignaturas de música e de inglés. Estes cinco meses pasáronseme moi rápido."
Íker 

"Cando acabei sexto pensei en primeiro da ESO e segundo as cousas que escoitaba como: "Temos cinco exames esta semana, vou suspender" non me gustaban moito e queiras que non acábache metendo medo. Pero agora, que xa estou nela, paréceme que levando unha rutina de estudo pódese conseguir todo xa que os exames son difíciles se non estudas. Os recreos son moi curtos e iso non mola. Pero mola porque aprendes moito."
Brais Varela Amado

O meu paso de sexto a  primeiro  da ESO foi dificil por que  non me organizaba ben e cada profesor ten a sua maneira de avaliar , os exames son máis difíciles e temos que preparalos tempo antes para poder ter todo ben claro, e ese e o meu problema porque cando se xuntan varios exames líome co tempo e non podo preparalo todo. Algunhas clases son máis divertidas que en primaria  pero tanpouco está ben que por calquera cousa que pase che poñan un negativo ou un parte.

Aaron Primoy García


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario