A Voz de Galicia do 14 de febreiro de 2020 informa de que "La Voz convierte a alumnos de secundaria en reporteros con Periodismo en la Escuela". Colgamos esta páxina do xornal na que se menciona o noso colexio, o CPIP Virxe da Cela, que tamén participará este programa piloto de xornalismo. Os rapaces e rapazas de 2º e 3º da ESO farán unha reportaxe sobre o Festival Grelo Folk.
viernes, 14 de febrero de 2020
VIAXE A ANDORRA
O alumnado de E.S.O. do CPI Plurilingüe Virxe da Cela fixo unha viaxe ata Andorra para disfrutar duns días esquiando.
Tras moito esforzo físico...tamén lle dedicaron unha tarde a relaxarse no "Balneario de Caldea".
Unha aventura inesquecible!
Aquí tedes unha pequeña parte de todo o que disfrutamos. Ruth Varela (mestra de EF primaria, acompañante do grupo).
miércoles, 18 de diciembre de 2019
"Tecnólogo por un día" en Everis
Varios estudantes participaron o pasado decembro no programa "Tecnólogo por un día" do plan #DigiTalent promovido pola Xunta de Galicia.
Everis abriu as portas para ilusionar a un grupo de xente nova que demostrou en todo momento o seu interese.
O alumno Miguel Dopico Tomé de 1º da ESO foi o afortunado do noso centro que viviu a experiencia un marabilloso día 10 de decembro. Tocoulle traballar nun grupo de 10 persoas dedicado a facer melloras para as aplicacións. Cada persoa dese grupo tiña unha tarefa. Había un rapaz encargado de facer o programa informático da aplicación.
O alumno Miguel Dopico Tomé de 1º da ESO foi o afortunado do noso centro que viviu a experiencia un marabilloso día 10 de decembro. Tocoulle traballar nun grupo de 10 persoas dedicado a facer melloras para as aplicacións. Cada persoa dese grupo tiña unha tarefa. Había un rapaz encargado de facer o programa informático da aplicación.
Catro rapazas eran as encargadas de facer que a aplicación non tivera problemas coa axuda dun robot que mandaba avisos dos problemas que ían aparecendo.
Por outra banda, outros catro rapaces encargáronse de mirar o sistema operativo. Revisaron todo grazas ó robot e resolveron os problemas surxidos creando así unha aplicación excelente.
Por último había outra persoa no grupo chamada Amaya que se encargou de facer unha presentación ben explicada de toda a
aplicación para que despois os profesores souberan explicarlla aos seus alumnos
e poder utilizala correctamente.
A empresa Everis é moi importante no sector. Ten a 2.500 traballadores en
España e traballa con empresas moi coñecidas como Estrella Galicia ou Inditex.
Miguel Dopico Tomé. 1º ESO
martes, 17 de diciembre de 2019
Votación do nome do xornal
Bo día a todos e a todas!
Despois de recoller as vosas ideas imos realizar a votación do nome. Hai de todo! Premede no enlace e clicade no que máis vos guste!
miércoles, 4 de diciembre de 2019
Concurso de portas
Como en anos anteriores este curso celebrouse o concurso de portas do Samaín no que participou todo o colexio dende E.I ata a ESO. Había premios para todas as clases de E.I, para unha clase de E.P e para unha clase da ESO. No caso de E.P gañou a porta de cuarto de primaria. E no caso da ESO gañou o curso de segundo da ESO. Para todos os gañadores houbo unha deliciosa chocolatada. Riquísima!
![]() |
| A porta de 3º ESO |
![]() | ||
A porta de 1º ESO
|
martes, 3 de diciembre de 2019
CARREIRA SOLIDARIA NO CPI VIRXE DA CELA
Como en anos anteriores, o venres 22 de Novembro do 2019 (Venres)
celebramos no noso centro a Carreira Quilómetros
de Solidariedade para colaborar coa ONG
“Save the Children”, que este ano vai dedicada ás nenas/os do pobo Rohingya.
Pero este ano, a carreira
tivo un triple motivo de conmemoración. Tendo en conta que o 20 de Novembro foi
o día dos Dereitos dos Nen@s e o 25 de Novembro é o Día Internacional contra da
Violencia de Xénero, conmemoramos no mesmo acto estas dúas datas e os valores
que representan.
Así que a carreira (a diferencia doutros anos) foi unha carreira
de relevos por clases, encabezada primeiro por unha rapaza de cada un dos cursos
que, sentada nunha cadeira de cor vermella (símbolo dos millóns de nenos e nenas
que non teñen dereito á educación), recolle o relevo simbolizado por un facho de
cor morado (símbolo do Día contra a Violencia de Xénero), dando saída a todos
os nenos e nenas do seu curso.
Cada clase vestiu unha camiseta facilitada polo Concello, coa
lenda Monfero en Negro e o dorsal de “Save the Children”.
Ao remate da
carreira Clara e Lucía, alumnas de 4º ESO, leron un manifesto a favor dos
Dereitos dos Nen@s e en contra da Violencia de Xénero.
Como final do acto as profesoras de E.F deron aos nenos, nenas e
rapaces/as un agasallo e un diploma pola
súa participación.
Dende o noso cole queremos dar as grazas a toda a comunidade
educativa pola súa colaboración e solidariedade.
Porque un mundo mellor é posible....
CONSTRUÁMOLO ENTRE
TODOS!
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Parece que todos os días semellan iguais, máis este 25 de
novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos dun xeito
especial, denunciar e levantar á nosa voz contra esta lacra. A violencia contra
as mulleres é unha das máis degradantes violacións dos Dereitos Humanos e
continúa progresando no ámbito global.
Algo estamos a construír mal nesta sociedade cando non somos
capaces de resolver os conflitos coa palabra. Vivimos nun mundo no que cada vez
se vai máis rápido e no que o individualismo e o poder é o que conta. Debemos
espertar as nosas conciencias ante as inxustizas e o sufrimento. Debemos
pararnos e sentir que cada morte, cada acto violento fainos a todos e a todas
vulnerables.
É por iso polo que debemos seguir insistindo en campañas de
prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da sociedade: desde a
familia, cunha educación en igualdade, desde os colexios, cunha coeducación
real, desde o traballo e desde os poderes políticos.
No noso centro, o CPI Virxe da Cela o alumnado de ESO tomou
a iniciativa de visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda
a sociedade en xeral realizando unha exposición de carteis
creados por eles na que mostran, a través da imaxe, a súa
visión sobre esta data.
A exposición, na que tamén se amosan algúns carteis creados
polo alumnado do CPI As Mirandas de Ares, co cal colaboramos en diferentes
datas, está exposta en ámbolos dous centros.
Por último dicir que, a todos os
que formamos parte do CPI Virxe da Cela,
encantaríanos que moi pronto, o 25 de novembro, Día Internacional Contra a
Violencia de Xénero, non haxa nada que celebrar. Porque celebrar este día,
deste xeito, non é unha festa, é un toque de atención para que nos demos conta
e nos levantemos en defensa dos nosos dereitos e liberdades, porque as mulleres
somos iguais aos homes e nada nin ninguén debe someternos. Mentres tanto, desde
o noso colexio, seguiremos educándonos na igualdade e loitando pola dignidade
de todos e todas.
Finalizamos coas verbas
dunha excepcional muller, Clara Campoamor quen dixo:
“ACUSEI AS INXUSTIZAS PORQUE NON QUERO
QUE O MEU SILENCIO AS ABSOLVA”
A pesar das nosas diferenzas,
compartimos a mesma realidade e estamos unidos na loita para conseguir que o
mundo sexa un lugar mellor para todas e todos.
Porque queremos outro
mundo, e sabemos que é posible....
CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS!
(Podedes premer na imaxe para velos en grande).
Manifesto conxunto a favor dos dereitos dos nen@s e en contra da Violencia de Xénero
CARREIRA SOLIDARIA 2019
MANIFESTO NO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS
E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe con
esta carreira solidaria queremos
conmemorar dúas datas significativas que cumpre lembrar: por unha banda
o Día Internacional dos Dereitos dos
Nenos e Nenas e por outro O
Día Internacional contra a Violencia de
Xénero. Por iso reunímonos aquí para alzar as nosas voces e
manifestar o noso compromiso concreto de traballar pola xustiza e a defensa dos
Dereitos de todos.
A pesar
de que todos os nenos e nenas temos os mesmos dereitos, somos conscientes de
que en moitas partes do mundo vense vulnerados e que os gobernos e a sociedade
en xeral non fan todos os esforzos necesarios para cambiar esta situación.
É unha
sorte ter unha familia que nos ama, recibir educación, estar rodeados de xente
en quen poder confiar e de amigos que nos axudan, ter asistencia médica, comida
e unha casa. Moitos outros nenos e nenas non poden dicir o mesmo. Por iso,
queremos dar as grazas a todos aqueles que se preocupan por nós e que nos
axudan para que os nosos dereitos sexan respectados.
Pero
queremos ir máis aló da nosa contorna máis próxima e manifestar de maneira
especial o noso firme rexeitamento a todas as situacións que viven millóns de
nenos e nenas cando se vulnera a súa condición humana. Rexeitamos especialmente
a guerra e as súas consecuencias, a explotación laboral e sexual, a marxinación
polas discapacidades físicas ou psíquicas, o tráfico de nenos e a súa morte, a mutilación e o tráfico de órganos, a
escravitude. Non aceptamos que os nenos e as nenas se instrúan na guerra e
maten, ou que se convertan en nenos soldados. Non aceptamos que se incite aos
nenos ao odio e á violencia. Unímonos a todos eses nenos e nenas anónimos que
pasaron por este mundo sen recibir amor nin protección.
Por iso,
pedimos que todos os países se comprometan, que acepten e cumpran os dereitos
dos nenos. Que as familias, os centros educativos, os gobernantes, as
institucións e a sociedade en xeral recoñezan que os nenos somos persoas con
dereitos e deberes, que nos deben respectar e coidar e que temos dereito a ser
nenos e a comportarnos así.
Nós,
esforzarémonos por respectar e axudar aos demais para solucionar os conflitos
mediante o diálogo, para coidar da natureza, para valorar a liberdade, para
facer feliz ao que temos á beira. En definitiva, comprometémonos a construír un
mundo mellor para todos e todas.
Por outra
banda, tamén queremos lembrar a todas as mulleres que sufriron violencia de
xénero e denunciar e condenar calquera tipo de acto violento exercido contra
elas, xa sexan malos tratos físicos, que deixan marca e doen, que humillan e
someten; abuso verbal e malos tratos psicolóxicos, que destrúen, anulan e
aniquilan a liberdade da muller; e os malos tratos sexuais, que denigran e afunden ás vítimas.
No noso
cole tentamos priorizar accións para a igualdade efectiva entre homes e
mulleres. Accións que, como no día de hoxe, poñen de manifesto que achegamos o
noso gran de area na loita contra esta lacra que fai á nosa sociedade débil ética
e moralmente.
A todos
os que formamos parte do CPI Virxe dá
Cela, encantaríanos que moi pronto, o día 25 de novembro, Día Internacional
Contra a Violencia de Xénero, non haxa nada que celebrar. Porque celebrar este
día deste xeito non é unha festa, é un toque de atención para que nos deamos
conta e nos levantemos en defensa dos nosos dereitos e liberdades, porque as
mulleres somos iguais aos homes e nada nin ninguén debe someternos. Mentres
tanto, desde o noso colexio, seguiremos educándonos na igualdade e loitando
pola dignidade das mulleres.
A pesar
das nosas diferenzas, compartimos a mesma realidade e estamos unidos na loita para conseguir que o
mundo sexa un lugar mellor para todos. Porque queremos outro mundo e sabemos
que é posible....
CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


































